Este verán debes descansar, xogar, bañarte, divertirte e
deixar un pouco de tempo para repasar as actividades que fixemos o longo do
curso. Así cando volvas ao cole estarás totalmente en forma.
Antes debes ter en conta o seguinte:
. Programa ben o teu tempo e procura facer todos os días
algunhas actividades de Matemáticas e de Lingua.
. Trata de facer sempre as actividades á mesma hora e no
mesmo lugar.
. Pídelle aos teus pais a corrección diaria das
actividades realizadas, non deixes que se te amontoen exercicios e máis
exercicios sen corrixir.
. Non busques unicamente as actividades que máis che
gusten, nin as máis doadas, na variedade está o gusto e tamén a elección
axeitada.
A continuación tes dous enlaces a uns cadernos de
actividades de Matemáticas e Lingua para 3º de Primaria. Teclea os
enlaces para baixar os arquivos ao teu ordenador, despois bota unha ollada e
imprime as actividades que desexes.
Actividades de lengua |
Actividades de matemáticas |
Aproveita o tempo libre do verán para mellorar a túa
letra. Con iso conseguirás que ti e os demais entendades o que queres dicir e
ao mesmo tempo gañarás en claridade na presentación dos teus cadernos e tamén
che sentirás máis satisfeit@.
O máis importante e divertido que deberás facer no verán
é ler libros, os que ti queiras e máis che gusten: contos, relatos, cómics, ...
Tecleando
esta dirección poderás atopar libros para ler no teu ordenador.
Libros para leer |
|