TEMA 1
AS PERSOAS SOMOS SERES VIVOS
· Os seres humanos somos mamíferos porque:
–
mamamos cando somos pequenos.
–
temos pelo na pel.
–
temos o corpo dividido en cabeza, tronco e extremidades.
· Os seres humanos diferenciámonos de outros
mamíferos porque:
–
camiñamos dereitos.
–
temos un gran cerebro que nos permite falar, imaxinar,
investigar, …
–
poseemos mans moi áxiles para manexar obxectos con gran
precisión.
· Cada persoa é diferente das demais, por
ejemplo, pola estatura, cor da pel, do cabelo, etc.
· As persoas tamén nos
diferenciamos segundo o sexo que pode ser masculino ou feminino.
· As persoas de sexo masculino
son os homes e teñen pene
e testículos.
· As persoas de sexo femenino
son as mulleres e teñen vulva
e mamas coas que
poden dar leite aos seus bebés.
· As persoas e o resto
dos seres vivos realizamos as tres funcións vitais que son a nutrición, a reprodución e a relación.
· A nutrición consiste en
conseguir enerxía e materias para o noso corpo.
· Na nutrición interveñen
catro aparatos: o aparato respiratorio, o aparato dixestivo, o aparato
circulatorio e o aparato excretor.
· O aparato respiratorio toma
osíxeno do aire e expulsa o dióxido de carbono.
· O aparato dixestivo dixire
os alimentos que tomamos para extraer deles as substancias útiles.
· O aparato circulatorio move
o sangue polo corpo para transportar o osíxeno e as substancias.
· O aparato excretor serve
para expulsar do corpo as substancias prexudiciais.
· A función de reproducción permite ter
descendentes. Facémolo grazas ao aparato reproductor feminino e masculino.
· A función de relación permite sentir
cousas e reaccionar.
· Na función de relación
participan os órganos dos sentidos, o sistema nervioso e o aparato locomotor.
· Os órganos dos sentidos
captan o que sucede no exterior.
· O sistema nervioso procesa
a información e ordea a resposta.
· O aparato locomotor permite
realizar movementos.
· Temos unha boa saúde cando o corpo
funciona ben e ademais sentímonos felices.
· Para ter unha boa saúde
hai que evitar enfermidades e coidar o noso corpo e a nosa mente aplicando
hábitos saudables.
· Algúns hábitos saudables son:
alimentarse ben, facer exercicio, dormir o suficiente, coidar a hixiene,
relacionarse, …
· As etapas da vida das
persoas son: xestación,
infancia, adolescencia, madurez e vellez.